Vistas de página en total

jueves, 23 de agosto de 2012

Seitura, malla e limpa en Carlexo-Rial(Val do Dubra) 2012

Collendo e atando no trigo


Asentando a malladora


Rodillo da malladora pola que pasa o trigo e separa a palla do grau


Comprobando que a polea está tensada e a máquina alineada co motor


Xa está a máquina asentada e ben asegurada para que non se mova


Ferramenta(forcada) básica e calzado(zocos) apropiado


@s mallador@s entrando na eira


Comeza a malla


A palla sae pola boca da malladora e hai que espelila palla(pra que solte os posibles graus que lle queden) e ila pasando ata o palleiro


O cortador corta o vencello do monllo e ábreo pra que o enchedor o vaia metendo con suavidade na malladora




O que bota os monllos na mesa da malladora ten que ter coidado de non lle bater ó cortador e ter coidado de que os rapaces que lle botan os monllos desde a meda non lle los tiren ó corpo


O responsable da malla comprobando que a palla sae separada do grao e así saber si ten que separar o rodillo(si triza a palla e o grao) ou xuntalo(si non separa totalmente a palla do grao)


Os que están na saída do grao teñen que ter coidado de que os cestos e peneiros nos que se recolle o grao non desbordan









Collendo panadas de palla para botar ó palleiro




O palleireiro ten que ir facendo o palleiro redondo e ilo amacizando e colmando




Hai que coller un mando de pallas para facer o caparucho


O caparucho hai que facelo ben feitiño e cortarlle o remate para que quede bonito


Botándolle o caparucho ó palleireiro para que o coloque no cumio do palleiro


Colocándolle a escada para que baixe o palleireiro


E ó remate non poden faltar as correspondentes copas de caña


E máis copas


E as cantareiras-pandereteiras dándolle aire de festa


...E máis caña




Hai que ir limpando a eira para facer a limpa do trigo


E as cantareiras ó seu



Xuntóuse un cantareiro, como ten que ser


Traendo a limpadora para limpar o trigo


Asentándoa


Uns limpando a eira e as cantareiras ó seu


Recollendo a malladora


Xa está a limpadora traballando e dándolle a manivela que fai xirar as hélices que fan botar vento para que o resto da palla e as esganas(ou arganas) se separen do grao


Botando trigo á limpadora que vai caendo nos peneiros que fai vibrar-mover a manivela e botan o grao limpo po los canos e as arganas pola boca da limpadora









O acabar recóllese a limpadora


Sempre houbo algún rico(este é dos bos) que ven traballar en coche


E despois do traballo chourizos, empanada, broa, queixo, xamón, roscas, viño, cerveza, caña, licor café e festa. Como ten que ser










Vídeo da malla e limpa do trigo, Carlexo 2012. Cámara Ana




Vídeo da seitura, malla e limpa do trigo, Carlexo 2012. Cámara Cris




Antigamente antes de haber maquinaria para mallar facíase cos manllos, mallos ou manlles como se pode ver neste vídeo de Paco do Martelo:
Vídeo tomado de: http://pacodomartelo.blogspot.com.es/2010/08/11-malla-tradicional-galega.html

Os manllos, mallos ou manlles son un mango longo e un madeiro (pértega) de 60-70 cm. aplanado xunguidos por unhas tiras ou correas de coiro que permiten que o pau corto xire a vontade do mallador. O tramo de coiro que xungue a pértega chámase cidoiro e a que xungue o mango chámase carrachola.